no ocaso, Luis por acaso: (www.astormentas.com)

Poema ao acaso

Mostrando entradas con la etiqueta Lingua galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lingua galega. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de marzo de 2010

un corte de lingua


"Idiomas, SÍ
O noso, o primeiro" ,
foi uma das consignas que se escoitaron esta noite en Santiago de Compostela aos manifestantes en defesa do emprego do idioma galego no ensino, en resposta ao Decreto Lei da Xunta de Galiza gobernada polo PP que procura continuar avanzando na extinción do idioma propio da Galiza.

E o PP, é bon recordalo, é preciso advertirlle-lo, goberna Galiza só cun 33% do electorado, que representa un 27,33% da poboación total da Galiza (760.591 votos/ 2.783.100 habitantes no Censo de 2008).

Uma minoría que quer impór o seu desprezo ao noso idioma, continuando a súa imbécil cruzada pola destrucción do principal símbolo de identidade do noso pobo, inconclusa despóis de máis de 500 anos nese empeño.

E momento de lembrarlles, também, que somos moitos os que, non tendo votado por ningúm dos partidos presentes no Parlamento, incruso por ningúm outro, estamos dispostos a defender o que temos e consideramos como máis xenuino do noso patrimonio cultural colectivo, e o que nos conforma como pobo.