no ocaso, Luis por acaso: (www.astormentas.com)

Poema ao acaso

miércoles, 30 de diciembre de 2009

el apretado abrazo de Egipto a Palestina

y su Causa de Liberación.



Foto: La policía acordona macizamente una manifestación propalestina contra la ocupación de Gaza por Israel, delante del Hotel Four Seasons de El Cairo, en el que se alojan Netanyahu y su delegación. Cairo: 14:30 H / 29-12

1 comentario:

  1. O pasado día 29 de dezembro, mentras me dirixía en Taxi a Estación Ramses do C.F. do Cairo,observéi ao lonxe uma enorme concentración policial que non acertaba a comprender a que se debía, até que chegamos a súa altura. Foi cando puiden ver alguma pancarta e bandeiras palestinas asomando por riba das cabezas dos policías que formaban literalmente un muro tupido, hombro con hombro, que non permitía nin ver ao seu traverso. Cando reaccionéi, co taxi en marcha, saquéi a miña mini cámara dixital pola ventanilla do taxi para tirar a fotografía que ilustra esta entrada.

    Dentro do ínfimo nivel de comunicación que podía manter co meu taxista exipcio, no meu inglés de a patacón, el díxome que os palestinos eran seus irmáns.

    Xa na noite, pola TV exipcia, puiden ver que era o que provocaba as protestas tan ferreamente silenciadas: a preseza de Netanyahu no Cairo.

    Hoxe, nun telexornal da CNN en español, enterome de que Exipto está procedendo a construcción dun cerco profundo a Banda de Gaza, para cortar a comunicación mediante tuneis.

    Descoñecendo este feito, a soa comtemplación das imaxes do cerco policial no Cairo, suxerironme o título de esta entrada do Blogg: 'O apretado abrazo exipcio a palestino'. Este mesmo apretadísimo e asfisiante abrazo que están a materializar cínicamente agora cercando Gaza.

    De seguido tratéi de averiguar máis sobre o tema. Así foi como atopei os enlaces que deseguido transcrebo, e recomendo:


    http://nido-del-cuco.blogspot.com/2009/12/egipto-enjaulando-aun-mas-gaza.html

    http://nido-del-cuco.blogspot.com/2009/12/ingenieros-militares-de-eeuu-supervisan.html

    ResponderEliminar