miércoles, 12 de agosto de 2009
NA NOITE
Xaquín Marín.
...
Xaquín Marín é un histórico do humor gráfico en Galicia, ademais de fundador da banda deseñada galega. Nas súas viñetas, cheas de compromiso social, podemos percorrer os últimos trinta anos de Galicia dende a política, a ecoloxía, a lingua ou a sociedade.
-
Marín Formoso, Xaquín
Ferrol 1943
Biografía
Un dos autores máis clásicos das viñetas galegas, sobre el recae a honra de ser, xunto con Raimundo Patiño, fundador da banda deseñada galega. En 1975 editou con Patiño "2 Viaxes", o primeiro álbum do noso cómic. Desde entón ten compaxinado ilustración, BD e un inxente labor como cartelista e humorista gráfico. Asinou álbumes de BD como "Ratas", "Gaspariño" (dous volumes) e "Dos pés á testa". Ten colaborado cunha infinitude de publicacións que inclúen "Teima", "A Nosa Terra", "El Ideal Gallego", "Das Kapital", "Can sen dono", "A ameixa cacofónica", "Diario16", "La Codorniz" e "Hermano Lobo". Ten colaborado regularmente coa revista "Golfiño" nas súas dúas etapas. Defensor das libertades e da língua galega nos anos finais da dictadura, contribuiu activamente a iniciativas artísticas posteriores como a resposta crítica á crise do Prestige, promovendo a exposición "Humor Cru" e participando no álbum de cómic "H2Oil" (2003). Xaquín é a alma mater e director do Museo do Humor de Fene, unha iniciativa sen parangón no estado.
Premios
Ten recibido numerosos premios polo seu labor de ilustrador e humorista. Premio Ourense de BD 1991 da Casa de Xuventude de Ourense.
...
http://culturagalega.org/bd/autores_detalle.php?Cod_prsa=28&busca=Xaquin%20Marin
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario